A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 23 de setembro de 2024, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dos terreos do sistema xeral SX-VI1b do Plan xeral de ordenación municipal polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A., presentado o 21 de agosto de 2024.
Polo que se somete a información pública por un prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, os titulares dos bens e dereitos afectados son requiridos para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas.
O documento, no cal se inclúe a relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio, estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal das 10.00 ás 12.30 horas, e na páxina web na seguinte ligazón, punto 7 Outros:
http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla
Carballo, 27 de setembro de 2024
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde
