Mediante o Decreto de Alcaldía 349/2024, do 3 de outubro, resolveuse o proceso selectivo para a provisión da praza de axente de emprego e desenvolvemento local incluída na oferta pública de emprego extraordinaria, aprobada pola Resolución de Alcaldía 168, do 23 de maio de 2022 (BOP núm. 100, do 27 de maio), en execución da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, co seguinte detalle:
Primeiro. Declarar persoal laboral fixo do Concello de Corcubión, a tempo completo, para a seguinte praza incluída na oferta pública de emprego extraordinaria do Concello de Corcubión (Lei 20/2021), para a estabilización do emprego temporal, a seguinte persoa que superou o proceso selectivo:
|
Denominación |
Prazas |
Grupo/subgrupo |
Nome e apelidos |
DNI |
|
Axente de emprego e desenvolvemento local |
1 |
II:A2 |
Anabel Piñeiro Agulleiro |
**9151*** |
Segundo. A formalización do contrato efectuarase no prazo máximo dun mes contado a partir da publicación do anuncio desta resolución no Boletín Oficial da provincia.
Terceiro. De conformidade coa base 13 das bases que rexen os procesos selectivos, ordenar a publicación deste acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia. Do mesmo xeito, publicar esta resolución na sede electrónica para xeral coñecemento e notificar a aspirante seleccionada.
Cuarto. Proporcionar a información estatística correspondente ao resultado do proceso de estabilización de emprego temporal a través do Sistema de información salarial do persoal da Administración.
Quinto. Informar a representación legal dos empregados do nomeamento como persoal laboral fixo para os efectos que procedan.
Corcubión, 3 de outubro de 2024
Francisco Javier Domínguez Traba
Alcalde
