O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de setembro de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Aprobar o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), segundo se dispón no artigo 33.1 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.
2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
3. Deixar sen efecto o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia, aprobado polo Acordo do Consello da Xunta do día 29 de setembro de 2016 (DOG núm. 197, do 17 de outubro).
Para dar cumprimento ao punto 2 do devandito acordo,
RESOLVO:
Proceder á publicación do Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), no enderezo da páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/plans-de-emerxencia
O mencionado plan estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de Emerxencias dos departamentos territoriais.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
