Examinado o expediente iniciado por solicitude de Esus Energía Renovable, S.L. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións da LAT 132 kV evacuación do parque eólico Mondigo, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 28.12.2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aprobaba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010. Nesta resolución incluíase a listaxe de parques eólicos admitidos e suplentes, coa súa correspondente puntuación, ademais da listaxe dos parques eólicos excluídos do proceso, coa indicación dos motivos desta exclusión. Entre os admitidos figuraba o parque eólico Mondigo.
Segundo. O 30.6.2020, a empresa Esus Energía Renovable, S.L. presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a aprobación do proxecto sectorial do proxecto para a execución da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo. Xunto coa solicitude, o promotor achegou a seguinte documentación: documentación xustificativa da capacidade legal, proxecto de execución, documentación ambiental segundo o establecido na Lei 21/2013, separatas técnicas e proxecto sectorial.
Terceiro. En relación coas posibles afeccións do proxecto, o 24.8.2021 remitiuse a solicitude do proxecto, xunto coa documentación modificada deste, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, debido á afección do trazado da liña a reservas da biosfera.
Cuarto. Con data do 27.10.2021, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu o informe solicitado, en que conclúe que non se detectan afeccións que poidan resultar incompatibles co proxecto, e indica unha serie de consideracións que se deben ter en conta.
Quinto. Con data 2.9.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Mondigo e a súa infraestrutura de evacuación.
Sexto. O 28.9.2021, mediante resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente ás instalacións da LAT 132 kV evacuación PE Mondigo (expediente IN408A 2020/134), de acordo co establecido no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
Sétimo. O 12.11.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación do expediente á Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en diante xefatura territorial, por ser a unidade tramitadora e para os efectos de que se continuase coa tramitación ata a remisión do expediente completo, de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Oitavo. O 3.12.2021, a xefatura territorial requiriulle ao promotor a emenda da documentación ao non cumprir a distancia mínima prevista no punto 5.12.4 da ITC-LAT-07 entre a liña de evacuación respecto aos aeroxeradores do PE Mondigo.
Noveno. Con data 17.12.2021, o promotor achegou como resposta ao requirimento nova documentación técnica, a cal recolle a modificación consistente en realizar un primeiro tramo soterrado desde a SET do PE Mondigo ata o apoio nº 2 para que se cumpra a distancia mínima exixida entre o aeroxerador 13 do PE Mondigo e a liña de evacuación.
Décimo. Con data 21.12.2021, a xefatura territorial trasladou a esta dirección xeral da documentación técnica achegada polo promotor para os efectos de valoración da modificación proposta.
Décimo primeiro. Con data 9.2.2022, remitiuse a resposta á xefatura territorial sobre a valoración da modificación feita polo Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética (da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais), onde comunicou que a solución proposta da saída da liña en tramo soterrado é máis adecuada que a saída en aéreo. O feito de que a liña teña un tramo soterrado mellora a súa puntuación no baremo do Concurso 2010 e, polo tanto, esa modificación non require remisión á Comisión de Valoración do Concurso Eólico 2010 para unha nova valoración, nin emisión de informe por parte daquel servizo.
Décimo segundo. Mediante o Acordo do 24.3.2022, da Xefatura Territorial de Lugo, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) en relación co proxecto da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo, nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo) (expediente IN408A 2020/134), sometendo a información pública a seguinte documentación:
– O proxecto de execución (de febreiro de 2022).
– O estudo de impacto ambiental (EsIA) (de febreiro de 2022).
– O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico (de decembro de 2021).
Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 67, do 6 de abril de 2022. Así mesmo, remitiuse para a súa exposición nos taboleiros de anuncios dos referidos concellos (Barreiros e Trabada) e permaneceu exposto na xefatura territorial, a cal emitiu o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, o acordo estivo exposto no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía Empresa e Innovación desa data.
Durante o período de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentou unha alegación a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a cal foi atendida polo promotor con data do 19.4.2022.
Décimo terceiro. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127,131 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (en diante, R.D. 1955/2000) con data do 12.4.2022, a xefatura territorial remitiulles para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Barreiros, Concello de Trabada, Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Deputación de Lugo, Enagás Transporte, S.A.U., Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.U. e Green Capital Development XXVII, S.L.U. promotor do parque eólico Pena Abelleira e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (este ministerio foi consultado pola Confederación Hidrográfica do Cantábrico).
A continuación relaciónanse os organismos que emitiron os condicionados técnicos (nas datas que se indican entre parénteses): Concello de Barreiros (16.5.2022); Augas de Galicia (29.4.2022); Enagás Transporte, S.A.U. (9.5.2022); Green Capital Development XXVII, S.L.U. promotor do parque eólico Pena Abelleira (25.5.2022); Deputación de Lugo (3.5.2022) e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (10.8.2022).
Eses condicionados foron remitidos ao promotor para a súa aceptación deles ou para, a presentación de reparos.
Concello de Barreiros. Emitiu informe o 16.5.2022 no que, ademais de constatar que as obras proxectadas cumpren coa normativa vixente en materia urbanística, se tratan contidos como a afección ao patrimonio cultural ou o dominio público hidráulico, que son competencia doutros órganos. A este respecto, indícase que se trata de cuestións que pertencen a procedementos que non son obxecto desta resolución (procedemento ambiental, resolto coa formulación da declaración de impacto ambiental (DIA). Tras os traslados ao promotor, o 9.6.2022, este achegou a súa resposta coa conformidade ao respecto, indicando que no seu momento se solicitarán as autorizacións sectoriais correspondentes.
Augas de Galicia. Concluíu no seu informe do 29.4.2022 que non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar na documentación ambiental presentada e as consideracións para tal efecto referidas nese informe. Sinala que aínda que as instalacións proxectadas están en parte no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, debería realizarse a consulta á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, respecto da parte das instalacións que se atopan dentro do seu ámbito territorial. Durante os procesos de execución dos traballos de desenvolvemento e implantación da actuación proposta de cara á non afección ao dominio público hidráulico, deberán terse en conta as directrices sinaladas no informe, así como as indicadas na documentación sometida a informes. Así mesmo, indica que o informe se emite estritamente desde o punto de vista das competencias deste organismo de bacía, sen entrar a valorar outras consideracións técnicas, urbanísticas ou ambientais que non proceden, e sen prexuízo dos condicionantes que se poidan establecer nas preceptivas autorizacións de Augas de Galicia e que se tramiten segundo o establecido nos artigos 9.4, 78 e 126 do RDPH. Tras o traslado ao promotor o 5.5.2022, este achegou a súa resposta de conformidade ao respecto; así mesmo, sinala que a execución do proxecto se axustará rigorosamente ao cumprimento de toda a normativa de aplicación tanto xenérica como sectorial, tendo en conta as consideracións recollidas no informe emitido por Augas de Galicia e solicitando a correspondente autorización para todas as actuacións que deban ser executadas en zonas de dominio público hidráulico.
Enagás Transporte, S.A.U. emitiu informe o 9.5.2022 no que indica que, revisada a franxa de afección da futura liña eléctrica ao gasoduto, en servizo se aprecian paralelismos e cruzamentos (apoio nº 3 a 35 m) co gasoduto. Para poder avaliar o grao de afección ao gasoduto, o promotor deberá presentar na Subdelegación do Goberno en Lugo (organismo que ten a competencia administrativa sobre o citado gasoduto) as correspondentes medidas de resistividade do solo a 1 e 2 m de profundidade a intervalos regulares entre o gasoduto e o apoio, así como o valor da intensidade máxima de defecto á terra no apoio. Indica que deberán contar coa autorización do dito organismo no caso de actuacións realizadas na franxa de seguridade do gasoduto (10 m a cada lado do eixe) para emitir os condicionantes técnicos xerais e particulares que lle sexan de aplicación. Tras o traslado do condicionado ao promotor o 10.5.2022, este achegou a súa resposta na que indicou que, tal e como se reflicte no proxecto e na separata destinada a Enagás, o apoio máis próximo ao gasoduto Llanera-Villaba o apoio nº 4, producíndose o cruzamento co gasoduto no van comprendido entre os apoios nº 4 e nº 5. No referente ás medicións de resistividade do terreo no lugar realizaranse en canto se dispoña dos correspondentes permisos dos propietarios; ata ese momento traballarase con valores de deseño estimados. Para este proxecto, en función das características do terreo estimouse un valor de 1.500 Ohmios·m. Por outra banda, o promotor presta a súa conformidade ao condicionado reflectido no informe de Enagás. Por iso para calquera actuación que sexa necesario realizar na franxa de seguridade do gasoduto Llanera-Villaba (de 10 m a cada lado do eixo e/ou de 300 m en caso de voaduras) solicitarase a preceptiva autorización da Subdelegación do Goberno en Lugo (Área Funcional de Industria e Enerxía), para o xal se achegará a documentación pertinente que permita emitir os condicionantes técnicos xerais que sexan de aplicación.
Deputación Provincial de Lugo. Emitiu o 3.5.2022 o seu informe condicionado relativo ao expediente en que indicou, entre outros aspectos, os que se indican:
«1ª. Antes do comezo das obras deberá presentar ante esta Deputación, como titular da estrada ou estradas, a correspondente solicitude de autorización, (...).
2ª. Nas conducións aéreas os apoios e postes de sostemento, tanto de liña paralela como de cruzamentos de vía, correspondentes a LMT e LAT situaranse, en todo caso, fóra da liña límite de edificación situada a sete (7) metros desde o bordo exterior da calzada, debendo resultar fóra da zona de servidume e a distancia superior a 10 m do eixe da vía principal, medidos en horizontal e perpendicular a este, segundo a definición do artigo 41 da mencionada Lei 8/2013, de estradas de Galicia, e Acordo do Pleno desta Deputación do 30.4.2019 (BOP Lugo, núm. 255, do 7 de novembro), debendo cumprir, ademais, o establecido no artigo 142 Estruturas verticais e instalacións de iluminación (RXEG 66/2016), Regulamento xeral de estradas de Galicia, no seu ounto 1, que di:
«As torres de telecomunicacións, xeradores eólicos, silos ou calquera outro tipo de estrutura na que predomine a dimensión vertical sobre o resto situaranse máis separadas da estrada que a liña de edificación e a unha distancia da calzada non inferior á súa altura» e, con carácter xeral, os apoios correspondentes a LBT, coas excepcións establecidas nos artigos 43, 44 e 46 da LEG 8/2013.
O trazado dos cruzamentos aéreos será sensiblemente perpendicular ao eixe da vía, situándose o cable á altura que corresponda á tensión segundo a normativa sectorial e resultando, en todo caso, a máis de seis metros sobre a calzada co fin de evitar posibles accidentes aos vehículos.
3ª. Os cruzamentos subterráneos realizaranse conforme o previsto no artigo 148 RXEG, as instalacións serán sensiblemente perpendiculares ao eixe da vía (ángulo entre 60º e 90º) e realizaranse polo sistema de medias calzadas e coa sinalización necesaria para o mantemento da circulación alternativa. (...)
4ª. Os elementos das conducións subterráneas paralelas á vía cumprirán o disposto no artigo 147 RXEG, debendo situarse con carácter xeral fóra das zonas de dominio público e servidume, sen prexuízo das excepcións previstas no dito artigo, debidamente xustificadas. (...)
5ª. As canalizacións subterráneas situadas por diante da liña límite de edificación da estrada situada a 7 m do bordo exterior da estrada provincial, e a distancia superior a 10 m do eixe da estrada (artigo 41 LEG 8/2013, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e Acordo do Pleno desta Deputación do 20.4.2019 (BOP Lugo núm. 255, do 7 de novembro) deberán ser sinalizadas con fitos de formigón ou metálicos visibles e situados a distancia máxima de 70 m, coas indicacións gravadas, as cales figurarán tamén nas tapas de arquetas de rexistro da natureza da canalización xunto coa identificación do titular da instalación.
6ª. A realización de calquera tipo de obras de construción ou edificación aterase ao disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e Acordo do Pleno desta Deputación do 30.4.2019. (...)
7ª. A autorización, en caso de concederse logo de solicitude do interesado, non dá dereito a ocupar con materiais ou cascallos a plataforma da vía e durante a instalación dos cruzamentos establecerase a debida vixilancia en ambas as direccións, para previr os usuarios e evitar posibles accidentes de circulación. Se por causa de tales obras ocorrese algún dano ao camiño ou danos aos usuarios deste, será responsable o concesionario da autorización.
8ª. O permiso caducaría por desuso ao cabo dun ano e enténdese concedido sen prexuízo de terceiro e deixando a salvo o dereito de propiedade.
9ª. Ademais das precedentes condicións, o concesionario deberá cumprir as instrucións e normas sectoriais vixentes.
10ª. De concederse a autorización, logo de solicitude, deberá acharse en poder da persoa que se atopa á fronte da obra o orixinal ou unha fotocopia desta.
11ª. O incumprimento de calquera das precedentes condicións levaría consigo a nulidade da autorización.
12ª. Documentación que debe presentar o promotor para a tramitación da solicitude de autorización de obras ou instalacións situadas en zonas de dominio público e de protección das vías provinciais, segundo os artigos 37 a 41 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, mediante separata (...)”.
Trasladado o condicionado da Deputación Provincial de Lugo ao promotor, o 10.5.2022 este achegou a súa resposta na que indicou que, para a realización das devanditas actuacións, se cumprirá a lexislación vixente en materia de estradas e, concretamente, a Lei 8/2013, de estradas de Galicia (LEG 8/2013) e o Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/21016, do 26 de maio (RXEG 66/2016). Por todo iso o promotor mostra a súa conformidade co condicionado reflectido no informe da Deputación de Lugo e no seu momento solicitaranse as autorizacións pertinentes para a realización das actuacións.
Green Capital Development XXVII, S.L.U. (promotor do parque eólico Pena Abelleira) emitiu o seu informe o 25.5.2022 no que indica que non se xustifica o cumprimento das distancias mínimas requiridas entre os aeroxeradores e as liñas eléctricas de condutor espido, segundo o R.D. 223/2008 ITC-LAT-07, punto 5.12.4. (D servidume de voo + altura total aeroxerador + 10 metros), non cumprindo a liña proxectada coa distancia descrita.
Refírese aquí ao indicado na epígrafe vixésimo novena que, en resumo, indica que se procede ao arquivamento do expediente instruído do parque eólico Pena Abelleira (expediente IN408A/2020/47).
Respecto do resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución foi dun mes desde a recepción da solicitude. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.
Décimo cuarto. O 12.4.2022, dentro do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, a xefatura territorial iniciou o trámite de consultas aos seguintes organismos: Concello de Barreiros, Concello de Trabada, Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa), Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural (en diante SGHN), Sociedade Galega de Ornitoloxía, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (este ministerio foi consultado pola Confederación Hidrográfica do Cantábrico).
O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.
Décimo quinto. O 7.7.2022, a xefatura territorial, logo de rematar a tramitación do expediente citado e de conformidade co disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, remitiu o expediente do proxecto a esta dirección xeral para continuar coa súa tramitación. Achegou o seu informe técnico favorable asinado o 1.7.2022, relativo ao cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas das instalacións da LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo, para os efectos do disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Décimo sexto. O 2.8.2022 esta dirección xeral, como órgano substantivo por razón da materia, enviou ao órgano ambiental o expediente ambiental do proxecto para continuar coa tramitación de avaliación de impacto ambiental ordinaria de cara á formulación da DIA. Entre outra documentación, achegouse o EIA titulado: Modificado 2 estudo de impacto ambiental LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Febreiro 2022.
Décimo sétimo. Con data do 21.7.2023 o promotor presentou a solicitude da declaración de utilidade pública da LAT 132 KV de evacuación do PE Mondigo, xunto a relación de bens e dereitos afectados, cos planos individuais e a lista das parcelas afectadas.
Décimo oitavo. Cumprida a tramitación ambiental, con data 11.9.2023 o órgano ambiental emitiu a resolución pola que formulou a DIA (declaración de impacto ambiental) relativa ao proxecto da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo SET PE. Mondigo-SE Barreiros, nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo), promovido por Esus Energía Renovable, S.L., que se fixo pública mediante o Anuncio do 12.9.2023 do órgano ambiental (DOG núm. 181, do 22 de setembro). Nesta resolución conclúese que o proxecto é ambientalmente viable sempre que cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo do documento de formulación da DIA, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto na DIA.
O 12.9.2023, o órgano ambiental notificoulle a esta dirección xeral a resolución da DIA e na data 26.9.2023 esta dirección xeral comunicoulle ao promotor a devandita resolución.
Décimo noveno. O 23.10.2023, o promotor presentou un escrito no cal solicita desistir da declaración de utilidade pública.
Vixésimo. Con data do 20.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, para os efectos da emisión das autorizacións administrativas previa e de construción, requiriulle ao promotor o proxecto de execución refundido e as separatas técnicas, así como os arquivos shape e excel coa configuración definitiva resultante, como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública.
Vixésimo primeiro. O 13.12.2023, o promotor presentou nesta dirección xeral a documentación técnica refundida para continuar o procedemento en resposta ao requirimento do 20.11.2023 desta dirección xeral e conforme o artigo 47.4 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e o artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A documentación, en substitución da anteriormente presentada, está conformada polos seguintes documentos:
– Proxecto modificado da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Decembro 2023 asinado electronicamente o 12.12.2023 e visado o 13.12.2023 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
– Capas shapefile do proxecto da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros.
– Ficheiro excel de coordenadas do proxecto da LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros.
As modificacións introducidas nel consisten en integrar no proxecto as aclaracións e correccións técnicas contidas no documento Modificado proxecto LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Trabada e Barreiros (Lugo). Febreiro de 2022. Addenda de emenda Requirimento xuño 2022 e definir con exactitude o trazado do último tramo de chegada á subestación Barreiros, despois do apoio nº 15 de paso aéreo a subterráneo tras as indicacións do propietario da dita subestación, así como a actualización de diferentes documentos integrantes no proxecto (documento 03 e documento 04 e da normativa conforme a vixencia actual).
Vixésimo segundo. Con data do 12.1.2024, o promotor achegou a documentación remitida á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pola que se autoriza a realización da intervención arqueolóxica: sondaxes arqueolóxicas valorativas nas posicións dos apoios 14, 15 e final de liña soterrada da LAT de evacuación do PE Mondigo. Concello de Barreiros (Lugo).
Vixésimo terceiro. Con data do 12.1.2024, a dirección xeral, de acordo co artigo 52 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, comunicoulle ao órgano ambiental a modificación presentada, remitíndolle a documentación achegada polo promotor indicada nos antecedentes de feito vixésimo quinto e sexto.
Vixésimo cuarto. Polo que respecta ás separatas técnicas do proxecto, o 15.1.2024 o promotor achegou unha declaración responsable na cal aclara que a configuración definitiva do proxecto indicado no antecedente de feito vixésimo quinto non modifica as afeccións xa informadas durante a tramitación da información pública respecto ás seguintes entidades: Concello de Barreiros; Concello de Trabada; Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia-Costa); Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; Deputación de Lugo; Enagás Transporte, S.A.U.; e Green Capital Development XXVII, S.L.U. (promotor do parque eólico Pena Abelleira). Con todo á dita configuración definitiva modifica as afeccións respecto á sociedade Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.U. presentando nova separata a esta sociedade.
Vixésimo quinto. Con data do 16.1.2024, esta dirección xeral remitiu de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, a separata do proxecto de execución refundido da liña de evacuación achegada polo promotor o 15.1.2024 á seguinte empresa: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.U. Esta sociedade emitiu o 14.5.2024 o correspondente condicionado técnico; o promotor presentou a súa conformidade o 3.6.2024.
Vixésimo sexto. Con data do 22.2.2024, o promotor achegou un novo proxecto da liña proxecto modificado LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Febreiro 2024, no cal corrixe unha serie de deficiencias detectadas no documento recollido no antecedente de feito vixésimo quinto, requirido pola xefatura territorial o 20.2.2024.
Vixésimo sétimo. O 11.3.2024, a xefatura territorial emitiu o informe técnico favorable para as instalacións que se relacionan conforme o proxecto indicado no antecedente de feito anterior proxecto modificado LAT 132 kV de evacuación del parque eólico Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Febreiro 2024, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares o 21.2.2024 e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 22.2.2024, co número 20240472.
Vixésimo oitavo. O 15.5.2024, o promotor achegou a declaración responsable relativa ao punto de conexión do parque eólico e a LAT 132 kV evacuación parque eólico Mondigo, na cal indica «que non é preciso atender ao disposto no artigo 123, punto 2, do Real decreto 1955/2000, introducido pola disposición derradeira 2.1 do Real decreto 1183/2000, xa que o punto de acceso está na SE Barreiros, sendo única e exclusiva a posición do PE Mondigo e sendo tamén privativa a liña de evacuación LAT 132 kV, pois non se comparte con ningún outro titular nin promotor adicional».
Vixésimo noveno. Mediante a Resolución do 12.6.2024, a Dirección de Enerxías Renovables e Cambio Climático aceptou a desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, de construción e aprobación do proxecto de interese autonómico, e procede ao arquivamento do expediente instruído do parque eólico Pena Abelleira (previsto nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo), promovido por Green Capital Power XXVII, S.L. (expediente IN408A/2020/47).
Trixésimo. Con data do 2.9.2024, o promotor presentou copia do informe favorable do documento de avaliación de impacto sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico dos accesos aos apoios da LAT. Addenda 2 avaliación de Impacto sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico da LAT 132 KV de evacuación do modificado PE Mondigo, SET PE Mondigo-SE Barreiros (Barreiros e Trabada, Lugo), emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Nese informe favorable indícanse diversas condicións e consideracións que deberán terse en conta.
Trixésimo primeiro. Con data do 16.9.2024, foi asinado o informe da tramitación deste expediente, que indica que se seguiron os trámites do procedemento establecidos na Lei 8/2009 e na restante lexislación relacionada.
Trixésimo segundo. Con data do 2.2.2023 foi publicado no DOG núm. 23 a autorización do parque eólico Mondigo, mediante a Resolución do 20 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Mondigo, sito nos concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo) e promovido por Esus Energía Renovable, S.L. (expediente LU-11/133-EOL).
Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (DOG núm. 101, do 27 de maio), no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril), e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido, as respostas efectuadas polo promotor e o resto de documentación que consta no expediente, de acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, conservouse a validez de todas as alegacións presentadas que figuran no expediente de referencia. O 7.7.2022, a xefatura territorial remitiu a esta dirección xeral as alegacións recibidas na información pública.
Con data 9.2.2024, a xefatura territorial remitiu informe complementario de tramitación, da mesma data, no que se recolle a resposta ás alegacións achegadas durante a tramitación, a cal se incorpora textualmente a esta resolución.
1. Relación das persoas e asociacións que presentaron alegacións.
Na seguinte táboa (correspondente ao anexo I do presente informe) preséntase a lista completa de alegantes, na cal se inclúen todos os datos requiridos en canto á identificación dos alegantes (nome completo, enderezo, CIF), datas de recepción e posterior traslado do promotor dos escritos de alegación, e análise destas (tipo de alegación, clasificación, etc.).
ANEXO I
Cadro análise de alegacións. LAT 132 kV de evacuación do PE Mondigo
(expediente IN408A 2020/134)
|
Nº |
Alegante |
Data presentación |
Nº RX |
Data contestación |
NIF/NIF |
Rúa |
CP |
Cidade |
Provincia |
Caracteristicas das alegacións |
||||
|
Amb. |
Urb./Sect. |
RBDA |
Outras |
DUP |
||||||||||
|
1 |
Sociedade Galega Historia Natural SGHN Serafín González Prieto |
12.4.2022 |
998111 |
19.4.2022 |
G15037211 |
Avd. Vilagarcía, nº 2, entlo. C |
15706 |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
si |
||||
Amb.: ambientais.
Urb/Sect.: urbanísticas e sectoriais.
DUP: declaración de utilidade pública.
RBDA: relacionadas cos ben e dereitos afectados, titularidades, etc.
Outras: outras casuísticas diferentes das anteriores.
A continuación móstrase un resumo agregado das alegacións, agrupadas por tipo, xunto cunha proposta de resposta a elas.
2. Alegacións presentadas:
Resumo de alegacións presentadas clasificadas por tipos e facendo referencia aos principais puntos tratados segundo o ámbito a que se refiren:
a) Ambientais.
1. Que o EIA avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre:
a. Hábitats de conservación prioritaria na UE (DC 92/43/CEE), e adapte o proxecto para evitalos totalmente pois non existen razóns imperiosas de interese público de primeira orde (art. DC 92/43/CEE, art. 45 Lei 42/2007) para seren afectados por un tendido eléctrico.
b. Hábitats de interese comunitario (DC 92/43/CEE), e estude alternativas para minimizalos canto sexa técnica e ambientalmente posible.
c. A paisaxe desde os miradoiros naturais máis coñecidos da contorna e tendo en conta a altura total dos soportes do tendido.
d. Todas as especies do anexo I da Directiva Aves, a Directiva 92/43/CEE, e os catálogos español (R.D. 139/2011) e galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007) presentes na zona, e adapte o proxecto para evitalas totalmente no caso de especies de interese comunitario e/ou en perigo de extinción, pois non existen razóns imperiosas de interese público de primeira orde (art. DC 92/43/CEE, art. 45 Lei 42/2007) para seren afectados por un tendido eléctrico, ou para mitigalas no caso das restantes especies catalogadas. O EIA debería adaptar o trazado dos accesos e a localización dos apoios do tendido para evitar afeccións a especies vulnerables ou en perigo de extinción, e avaliar alternativas e medidas correctoras para minimizar a mortalidade de aves e morcegos por impacto ou electrocución.
2. Que o EIA avalíe os impactos acumulativos e sinérxicos coas outras liñas de evacuación ou distribución (autorizadas ou proxectadas) e demais infraestruturas asociadas (parques eólicos, subestacións, etc.) nun raio de 10-15 km.
3. Que se lle exixa ao promotor a avaliación da alternativa de:
a. Compartir a liña de evacuación con outras existentes ou proxectadas na zona en todo o trazado no que sexa posible facelo.
b. Soterrar completamente a LAT para evitar as afeccións paisaxísticas e sobre a fauna de vertebrados voadores.
4. Respostas ás ditas alegacións.
En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo I, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
O promotor manifesta que os aspectos recollidos no escrito de alegacións da Sociedade Galega de Historia Natural, xa foron tidos en conta e avaliados no estudo de impacto ambiental e no resto da documentación elaborada e destinada á avaliación de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo. Así mesmo, recolléronse as medidas protectoras e correctoras, técnica e economicamente razoables, destinadas a minimizar as afeccións ambientais do proxecto, tendo en conta en todo momento as características reais dos distintos factores ambientais da zona de implantación.
Entre estas medidas considerouse o soterramento da liña nalgúns tramos que resultan técnica e ambientalmente viables, pero descartouse no resto xa que a topografía e outros factores condicionan técnica e ambientalmente o soterramento da liña, ao causar maiores afeccións ambientais que as que se pretende evitar.
No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 12.9.2023, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Saúde Pública, Axencia Turismo de Galicia, Concello de Barreiros, Concello de Trabada e Sociedade Galega de Historia Natural.
O proxecto do parque eólico conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental (punto 02. Estudo de impactos sinérxicos-acumulativos) cunha zona de estudo nun raio de 10 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna.
Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) da LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros, nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo), promovido por Esus Energía Renovable, S.L. (clave: 2022/0118), formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 11.9.2023, e recollida nesta resolución:
a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».
De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve: «Formular a declaración de impacto ambiental da liña eléctrica de alta tensión 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.
Consonte o disposto no artigo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental.
Ademais do obrigado cumprimento das condicións sinaladas, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental poderá ditar, do xeito que proceda, os condicionados adicionais que resulten oportunos.
Esta declaración de impacto ambiental farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e remitiráselle ao órgano substantivo para os efectos que correspondan no marco do procedemento de autorización administrativa das instalacións.
Así mesmo, non exime o promotor de obter cantas autorizacións, licenzas, permisos ou informes sexan necesarios para a execución e/ou funcionamento do proxecto.
O órgano substantivo deberá notificar a esta dirección xeral calquera cambio de titularidade que se produza na instalación.
De acordo co artigo 41.4 da Lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.
b) Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:
4. Condicións ambientais.
4.1. Condicións particulares.
4.2. Condicións xerais.
4.2.1. Protección da atmosfera.
4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.
4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.
4.2.4. Xestión de residuos.
4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.
4.2.6. Integración paisaxística e restauración.
4.2.7. Protección do patrimonio cultural.
4.3. Outras condicións.
5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
5.1. Aspectos xerais.
5.2. Aspectos específicos.
5.3. Informes do programa de vixilancia.
Quinto. No expediente administrativo e polo que respecta á tramitación realizada pola xefatura territorial, o 11.3.2024 emite informe favorable sobre o cumprimento da normativa analizada co alcance establecido, co obxecto de obter as autorizacións administrativa previa e de construción, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no proxecto, e a dirección de obra deberá realizala persoal técnico competente.
Segunda. O titular da instalación terá en conta para a execución os condicionantes técnicos impostos polos organismos que os estableceron, os cales foron postos no seu coñecemento e aceptados expresamente por el e, en especial, os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
Terceira. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de que en todo momento se garantan as condicións regulamentarias de seguridade.
Cuarta. A dirección de obra, unha vez executada a liña de evacuación e efectuadas as preceptivas medicións da resistencia de posta á terra nos apoios non frecuentados, certificará que o tempo de actuación das súas proteccións, unha vez feitos os axustes que procedan, é inferior a 1 segundo.
Quinta. En todo momento deberán cumprirse as normativas e as directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
De acordo cos antecedentes, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
RESOLVE:
Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións da LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo, sitas nos concellos de Barreiros e Trabada (Lugo) e promovido por Esus Energía Renovable, S.L. (expediente IN408A 2020/134).
Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución proxecto modificado LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Febrero 2024, asinado electrónicamente polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares o 21.2.2024 e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 22.2.2024, co número 20240472.
As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:
– Solicitante/promotor: Esus Energía Renovable, S.L.
– Denominación: proyecto modificado LAT 132 kV de evacuación do parque eólico Mondigo SET PE Mondigo-SE Barreiros. Febreiro 2024.
– Concellos afectados: Barreiros e Trabada (Lugo).
– Orzamento de execución material: 854.676,42 €.
– Localización (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS 89):
Coordenadas indicadas no proxecto e onde se sitúan os apoios da liña, polas seguintes coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29), X e Y indicadas a continuación. A coordenada Z indica a cota topográfica do terreo onde se asenta o apoio:
|
LAAT 132 KV SET PE Mondigo 132/30 kV-SE BARREIROS 132 kV |
|||||
|
coordenadas UTM ETRS89 H29 (m) |
|||||
|
Nº de apoio |
Distancia a orixe (m) |
Coordenada X |
Coordenada Y |
Coordenada Z |
Configuración |
|
1 (SET PE Mondigo) |
Tramo subterráneo ata o apoio nº 2 |
645.625 |
4.814.432 |
416,000 |
SC |
|
2 (P.A.S) |
186,37 |
645.439 |
4.814.418 |
443,689 |
SC |
|
3 |
473,27 |
645.153 |
4.814.397 |
443,180 |
SC |
|
4 |
918,42 |
644.709 |
4.814.365 |
442,235 |
SC |
|
5 |
1.358,80 |
644.270 |
4.814.333 |
414,500 |
SC |
|
6 |
1.831,22 |
643.810 |
4.814.440 |
457,432 |
SC |
|
7 |
2.232,46 |
643.419 |
4.814.531 |
512,949 |
SC |
|
8 |
2.489,66 |
643.168 |
4.814.590 |
468,109 |
SC |
|
9 |
2.914,91 |
642.754 |
4.814.686 |
358,500 |
SC |
|
10 |
3.156,41 |
642.515 |
4.814.655 |
325,500 |
SC |
|
11 |
3.440,67 |
642.234 |
4.814.611 |
259,369 |
SC |
|
12 |
3.879,93 |
641.800 |
4.814.543 |
217,050 |
SC |
|
13 |
4239,83 |
641.441 |
4.814.566 |
229,133 |
SC |
|
14 |
4.690,52 |
640.991 |
4.814.594 |
284,925 |
SC |
|
15 (P.A.S.) |
4.776,74 |
640.905 |
4.814.600 |
306,186 |
SC |
Características técnicas recollidas no proxecto:
O trazado da liña de alta tensión de evacuación de enerxía do parque eólico Mondigo ten a súa orixe na subestación SET PE Mondigo 132/30 kV, a saída da SET será en cable subterráneo baixo tubo, que terá unha distancia aproximada de 187 m ata o apoio denominado nº 2, onde se produce o paso de subterráneo a aéreo e discorrerá 4.590 m en aéreo (en cable espido de aluminio con alma de aceiro galvanizado) ata o apoio n° 15, próximo á SE Barreiro de 132 kV propiedade de Viesgo. No apoio nº 15 da liña aérea de alta tensión terá lugar o paso de aéreo a subterráneo para a entrada na SE Barreiros de 132 kV, que se realizará en cable subterráneo baixo tubo, que terá unha distancia aproximada de 263 m. Deste xeito, a liña terá unha lonxitude total de 5,04 km.
O trazado subterráneo será con cable unipolar con illamento de polietileno reticulado (XLPE) tipo: RHZ1 OL 132 kV 1x630 Al+205 mm². O trazado aéreo será con cable espido de aluminio con alma de aceiro galvanizado tipo 242-Al 1/39-ST1A (antigo A-280) de simple circuíto disposto en triángulo con illadores en cadeas de suspensión e amarre de 10 e 11 elementos de vidro tipo U100BS.
Os apoios serán metálicos de celosía galvanizada do fabricante Imedexsa ou similar. As cimentacións destas torres serán de macizos independentes para as catro patas (tetrabloques de patas separadas). Para a protección contra sobretensións utilizaranse cables OPGW, que serán cables de terra e fibra óptica dispostos na cúpula sobre os condutores. As tomas de terra dos apoios estarán formadas por 2 picas de aceiro cobrizado e por tomas de terra en anel. Os apoios de conversión aéreo a subterráneo estarán dotados de antiescalamento para protección das persoas e da liña.
A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
1. Consonte o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, previamente ao inicio das obras Esus Energía Renovable, S.L. deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O importe do aval que fixe o órgano substantivo será actualizable e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono das instalacións, de conformidade co disposto na DIA. Polo anteriormente exposto, este órgano substantivo fixa en 14.956,83 € a contía do aval, dos que 6.410,07 € corresponderán á fase de obras e 8.546,76 € á fase de desmantelamento e abandono das instalacións.
Para a cancelación do dito aval será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo do levantamento dunha acta de comprobación pola inspección ambiental, conforme establece o Decreto 455/1996.
A solicitude de cancelación realizarase a través do órgano substantivo, e só se poderá efectuar unha vez que estean totalmente rematados os labores de restauración e integración paisaxística e logo de que o promotor acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.
A fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.
2. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 11.9.2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o proxecto contará coa autorización ou autorizacións do órgano de bacía.
Establécese como condicionado particular para o desenvolvemento do proxecto o cumprimento do contido dos informes que consten no expediente, ademais do recollido no EIA, nas súas addendas e na restante documentación avaliada, tendo en conta que as condicións ou medidas dos informes prevalecerán fronte á do estudo ambiental ou a restante documentación no caso de contradición entre elas e que, en todo caso, calquera condición da DIA prevalece fronte ás anteriores, xa que esta é preceptiva e vinculante en todos os seus aspectos, segundo o exposto no artigo 5, punto 4, da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
En relación coa vulnerabilidade do proxecto ante riscos derivados de accidentes graves e catástrofes, teranse en conta as recomendacións recollidas no estudo elaborado polo promotor e avaliado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
3. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático o programa de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.
4. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, o promotor deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, no que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático un plano cartográfico as built en formato shape das instalacións deste proxecto.
5. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, o Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.
6. En canto aos bens e dereitos afectados polas instalacións deste expediente e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.
7. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.
8. O promotor deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 11.9.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.
9. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.
10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou doutros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizos públicos ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
11. Asemade, o promotor deberá obter os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística que recollen o artigo 40 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
12. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
13. Con anterioridade ao prazo de dez (10) días, o promotor deberá comunicar o inicio das obras á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, achegando toda a documentación necesaria establecida nesta resolución e na declaración de impacto ambiental.
14. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, o promotor deberá achegar ao Servizo de Seguimento e Oficina Técnica da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, da Consellería de Economía e Industria, o programa de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas na declaración de impacto ambiental.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso pertinente.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
