Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.
Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.
Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 11 de outubro de 2024
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Ourense
ANEXO
|
Nº expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2024/3219-3 |
48107796F |
|
PR204A 2024/3377-3 |
44657520F |
|
PR204A 2024/3557-3 |
45143525E |
|
PR204A 2024/3665-3 |
76736859G |
|
PR204A 2024/3856-3 |
44446456Z |
|
PR204A 2024/3857-3 |
01865809A |
|
PR204A2024/4309-3 |
44466813Q |
