No Diario Oficial de Galicia número 145, do 29 de xullo de 2024, publicouse a Resolución do 15 de xullo de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar da Coruña e Ourense (código de procedemento BS213S).
O número 6 da cláusula M) do anexo I da dita Resolución do 15 de xullo de 2024 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente publicada a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 24 de setembro de 2024 o órgano competente emite a resolución que finaliza o dito procedemento.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de outubro de 2024, ditada no procedemento BS213S, de selección de entidade/s privada/s sen ánimo de lucro para a execución do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar da Coruña e Ourense, que se xuntará á presente resolución no anexo.
Segundo. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada para cada lote.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.
Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024
Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución do 18 de outubro de 2024 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da prestación do servizo dos puntos de encontro familiar da Coruña e Ourense (código de procedemento BS213S)
A través da Resolución do 15 de xullo de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidades encargadas da prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar da Coruña e Ourense (código de procedemento BS213S).
As entidades presentadas, segundo os lotes, son as seguintes:
|
Entidade solicitante |
NIF |
Data de presentación |
Lote a que se presenta |
|
Fundación Meniños |
G15551120 |
26.8.2024 |
Lote 1. PEF da Coruña Lote 2. PEF de Ourense |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
G27473677 |
27.8.2024 |
Lote 1. PEF da Coruña Lote 2. PEF de Ourense |
|
Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. |
A79022299 |
29.8.2024 |
Lote 1. PEF da Coruña Lote 2. PEF de Ourense |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
G73038457 |
29.8.2024 |
Lote 1. PEF da Coruña Lote 2. PEF de Ourense |
|
Asociación Centro Trama |
G80054760 |
29.8.2024 |
Lote 2. PEF de Ourense |
Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,
RESOLVO:
Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do lote 1, punto de encontro familiar da Coruña, a entidade que obtén a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e do baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 15 de xullo de 2024.
Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 1 do concerto:
|
Entidade |
NIF |
Total puntuación |
|
Fundación Meniños |
G15551120 |
69,5 puntos |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
G27473677 |
58,5 puntos |
|
Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. |
A79022299 |
74,5 puntos |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
G73038457 |
77 puntos |
Segundo. Seleccionar para levar a cabo a execución do lote 2, punto de encontro familiar de Ourense, a entidade que obtén a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e do baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 15 de xullo de 2024.
Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 2 do concerto:
|
Entidade |
NIF |
Total puntuación |
|
Fundación Meniños |
G15551120 |
69,5 puntos |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
G27473677 |
58,5 puntos |
|
Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. |
A79022299 |
74,25 puntos |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
G73038457 |
77 puntos |
|
Asociación Centro Trama |
G80054760 |
73 puntos |
Terceiro. Adxudicar o lote 1 do concerto social, punto de encontro familiar da Coruña, do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:
|
NIF |
Entidade |
|
G73038457 |
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
Código de procedemento: BS213S.
Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.
Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 29.7.2024.
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.10.2028.
O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:
|
Distribución de anualidades |
|
|
Anualidade |
Importe |
|
2024 (2 meses) |
37.730,12 € |
|
2025 |
232.387,18 € |
|
2026 |
233.766,07 € |
|
2027 |
233.766,07 € |
|
2028 (10 meses) |
194.805,07 € |
Cuarto. Adxudicar o lote 2 do concerto social, punto de encontro familiar de Ourense, do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:
|
NIF |
Entidade |
|
G73038457 |
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
Código de procedemento: BS213S.
Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.
Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 29.7.2024.
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.10.2028.
O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:
|
Distribución de anualidades |
|
|
Anualidade |
Importe |
|
2024 (2 meses) |
30.504,26 € |
|
2025 |
187.639,64 € |
|
2026 |
189.018,53 € |
|
2027 |
189.018,53 € |
|
2028 (10 meses) |
157.515,44 € |
Quinto. Asinar o concerto social para cada un dos lotes coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Sétimo. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Anexo I, letra J), da Resolución do 15 de xullo de 2024)
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
