DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS RED709 e substitución do CTI Cadaval por CTC, no concello de Redondela, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/126-4).

A instalación denominada LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval por CTC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Dirección Territorial de Pontevedra do 29 de xullo de 2024, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 13 de novembro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Redondela.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e se informa de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 7 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS RES709 e substitución CTI Cadaval por CTC

Lugar

Referencia catastral

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 subsolo

1

O Rego de Abaixo

36045A018009370000WU

Herdeiros de Ángel Outerelo Ledo

CT

16,81

48,77

2

Raxente de Abaixo

36045A018009950000WX

Carmen Rivas Garrido

1

1,69

4,79

11,41