DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, do acordo de ocupación e do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2022/45 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación regulamentación LMTA SEQ805-apoio nº 81-38 Quiroga, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 11 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/240, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/45 ATE.

Denominación: regulamentación LMTA SEQ805-apoio, nº 81-38 Quiroga.

Acordo de ocupación e requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Quiroga:

Nº predio

Nome e apelidos

Pol.

Parcela

Cultivo

Lugar

Apoio

m2

1

Descoñecido

67

48

Monte baixo

Cruz

81-38

2.0