DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57872

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso-oposición, un posto de traballo de persoal laboral mediante contrato temporal de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos asociado ao proxecto Naturport «Integración de solucións baseadas na natureza na restauración de ecosistemas portuarios».

– 1 praza de técnico/a de medioambiente GII BII N8.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 18 de outubro de 2024

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Porturaria de Vigo