DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57871

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Terra Chá

ANUNCIO de publicidade da corrección de erros da convocatoria dos procesos selectivos para as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para a provisión das seguintes prazas en quenda de estabilización:

– 1 praza de oficial 1º condutor como persoal laboral fixo polo sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.

– 1 praza de administrativo do grupo C, subgrupo C1, escala: Administración xeral polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre/estabilización.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 243, do 21 de outubro de 2024, publicouse unha corrección de erros destas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de rectificación das bases no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria, cando proceda conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cospeito, 21 de outubro de 2024

Armando Castosa Alvariño
Presidente