DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 68.bis.3. da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Montes.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.

Lugo, 14 de outubro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral das

parcelas afectadas

Acto de notificación

DMM 116/2024

32275237G

27008A023001960000LY

Requirimento

DMM 129/2024

34253400Y

27058A071001160000ZB

Requirimento