DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20240012TA-OU por infracción en materia sanitaria.

O 24 de setembro de 2024 a directora territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20240012TA-OU contra a persoa titular do DNI 34631051C.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 42.2 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica á persoa titular do DNI 34631051C. O contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ao abeiro do disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias deste departamento, sito en Ourense, na avenida de Zamora, 13, 4º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Igualmente, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, podendo realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Poderá efectuar o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias do departamento territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 10 de outubro de 2024

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20240012TA-OU.

DNI da persoa denunciada: 34631051C.

Último enderezo coñecido: rúa Canella do Peto, 6, Devesa. 32616 Vilardevós (Ourense).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7.u: prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados.

Tipificación: leve. Documéntase unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: consideraranse infraccións leves a) fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).