DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto reforma LMTA CBD807.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA CBD807, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 14 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/001.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA CBD807.

Concello: Ribadumia.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36046A027007290000YZ

Descoñecido

6

2695508NH2029N0001BH

Descoñecido