De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución da solicitude.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, situadas no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOE.
A Coruña, 15 de outubro de 2024
Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
ID-310 |
Manuel Mourelle Brenlla |
Resolución de solicitude de reforestación con eucaliptos |
