En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Asociación de Veciños San Pedro de Donas.
DNI: ****2910*.
Expediente: DH.A15.101853.
Volume total anual: 28.678,43 m3/ano.
Destino: rega.
Orixe: rego da Presa da Granxa.
Lugar: Donas.
Parroquia: Donas.
Concello: Boqueixón.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga de dous puntos. O primeiro deles na Presa da Granxa, que se abastece do leito que discorre pola marxe dereita da cascada de Donas, cunha lonxitude duns 200 m, e o segundo deles situado na mesma parcela que o anterior seguindo o leito da cascada, a uns 330 m máis abaixo. Desde estes puntos parten tres ramais primarios e cinco secundarios, que transcorren en parte por canles a ceo aberto e en parte por tubaxes de diferentes diámetros, para permitir a rega das parcelas núms. 83, 84, 88, 90, 92, 96, 104 e 775 do polígono 38, e as de referencia catastral 001600200NH53G, 001600400NH53G e 001600600NH53G.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
