DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Melide (expediente DH.A15.101135).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Luis Agra Cea.

DNI: ***9048**.

Expediente: DH.A15.101135.

Volume total anual: 275,4 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,021 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 584939,58, y= 4748222,74 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Laguelas.

Parroquia: O Mato (San Xoán).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dun pozo de barrena de 60 m de profundidade e 250 mm de diámetro, situado na parcela de R.C. 15047A065000290000GG (Palas de Rei), mediante bomba de 2,5 CV, e a súa condución mediante tubaxe de 40 mm de diámetro ata a vivenda de R.C. 15047A065004730000GH (Melide), para uso doméstico.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro