En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Paradela.
DNI: ***5894**.
Expediente: DH.A15.67929.
Volume total anual: 7.231,33 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,35 l/s.
Destino: uso doméstico e a un punto para a loita contra incendios.
Orixe: x= 514414, y= 4727028 (fuso29 ETRS89).
x= 514438, y= 4726979 (fuso29 ETRS89).
Lugar: Figueira.
A Granxa.
Parroquia: Taragoña (San Salvador).
Concello: Rianxo.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes de dous mananciais situados nas parcelas 15073A070005200000FU e 15073A070077400000FG.
Desde o manancial nº 1 derívase auga a un depósito para a loita contra incendios, situado na parcela 15073A069002750000FJ.
A auga das dúas captacións xúntanse para a súa distribución no local onde se encontran os 36 depósitos individuais, situados na parcela 15073A069002750000FJ. Desde este punto lévase a auga ás vivendas para abastecer no lugar de Paradela.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
