De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.
Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.
Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Dado que nesta convocatoria coexisten procesos de acceso libre e procesos de estabilización do mesmo subgrupo, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:
1º. A orde para a elección de destino virá determinada polo ano de publicación da oferta publica de emprego, deste xeito, as ofertas máis antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego público máis recentes. No caso de que nunha convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta máis antiga convocada.
2º. No caso de que as prazas convocadas en cada proceso selectivo (acceso libre ou estabilización) estean incluídas na mesma oferta de emprego público, terán preferencia para o acto de elección de destino as persoas que participan nos procesos de estabilización sobre as persoas que participan nos procesos de acceso libre.
Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición cuarta.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declarados en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude do xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.
Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº orde elección destino |
Nº orde proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Proceso selectivo |
Ano OPE |
Acceso |
|
1 |
1 |
***6578** |
Velo Cid, Mónica |
Química-estabilización |
2021 |
Libre |
|
2 |
2 |
***3464** |
Chantada Adán, Paula |
Química-estabilización |
2021 |
Libre |
|
3 |
3 |
***8569** |
Cerviño Álvarez, Raúl |
Química-estabilización |
2021 |
Libre |
|
4 |
1 |
***0734** |
Cajaraville Leiro, Ana |
Química-libre |
2021 |
Libre |
|
5 |
2 |
***0186** |
Neira García, Iago |
Química-libre |
2021 |
Libre |
|
6 |
3 |
***8081** |
Gómez Ruiz, Alejandro |
Química-libre |
2021 |
Libre |
|
7 |
4 |
***3233** |
Roel Mosquera, Laura |
Química-libre |
2021 |
Libre |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº |
Código |
Denominación |
Cons |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Titulación |
Formación |
|
1 |
MRA113000315010018 |
Responsable técnico de análises de bebidas |
MR |
Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Abegondo |
A1 |
25 |
|
|
|
2 |
IVE100000015770048 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección |
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
|
3 |
MRA113300336001032 |
Xefatura Sección Investig. IV |
EI |
Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Pontevedra |
A1 |
25 |
|
374 |
|
4 |
MAC030040115001018 |
Titulado/a superior laboratorio |
MA |
Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña) |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
A Coruña |
A1 |
22 |
|
|
|
5 |
PEC994020136600007 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
376 |
|
6 |
MAC030000115770016 |
Xefatura Sección Control Ambiental |
MA |
S. X. de Coordinación Ambiental |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
25 |
|
787-954 |
|
7 |
MRA113100332400011 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Leiro |
A1 |
20 |
|
|
|
8 |
MAC030000115770028 |
Xefatura Unidade Intervención Ambiental IV |
MA |
S. X. de Coordinación Ambiental |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
25 |
|
954 |
|
9 |
MRA113100332400010 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Leiro |
A1 |
20 |
2035-2036 |
|
|
Titulacións |
|
|
Código |
Descrición |
|
2035 |
Lic./grao Química |
|
2036 |
Lic./grao Tecnoloxía dos Alimentos |
|
Formacións |
|
|
Código |
Descrición |
|
374 |
Doutoramento en materia forestal (requisito indispensable). |
|
376 |
Doutoramento (requisito indispensable). |
|
787 |
Experiencia inspección ambiental (mérito). |
|
954 |
Permiso conducir B (requisito indispensable). |
