De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o inicio e o trámite de audiencia no expediente de reclamación, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Pontevedra, 7 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente reclamación: IN635A 2024/280-4.
Interesado:
NIF: 35404722V.
Acto notificado: inicio e trámite de audiencia.
