DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2024/223-1).

Expediente: IN407A 224/223-1.

Promotora: Central Eléctrica Industrial,S.L.

Denominación do proxecto: LMTS e CS Mercuto.

Concello: Ames.

Feitos:

1. O día 26 de xuño de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada.

Co obxecto de posibilitar a xestión e manobra da rede de media tensión principal de Central Eléctrica Industrial no lugar Mercuto, concello de Ames, así como de dotar dunha saída independente a liña de media tensión LMT Der Molduras Muíño (P) e posibilitar o seu seccionamento telemandado, proxéctase a instalación dun novo centro de seccionamento situado no mesmo local no que se sitúa actualmente o centro de transformación CT Mercuto (IN407A 95/62-1), a substitución dun tramo aéreo da liña de media tensión existente LP Mercuto-Ponte Vilariño (expediente 52.089) por outro soterrado e a substitución dun tramo aéreo da liña de media tensión LMT Der Molduras Muíño (P) por outro de tipo soterrado.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS e CS Mercuto, asinado o día 25 de xuño de 2024 e visado co nº 20241889 o 26.6.2024 por Xosé López Seoane, enxeñeiro Industrial, nº colexiado 2.745 de Galicia, e un anexo asinado o 2 de outubro de 2024 por Xosé López Seoane, enxeñeiro industrial, nº colexiado 2.745 de Galicia.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ames, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 3.10.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39 do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Mercuto, concello de Ames, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (nº 1) a 20 kV, de 821 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no P.F. Mercuto (CS+CT 100 kVA 2L+1P+1M, EFC001, IN407A 2016/1161-1) existente e remate no CS proxectado. Desmantelamento do tramo da LMT LP Mercuto-Ponte Vilariño (expediente 52.089) comprendido entre o apoio nº CT-1 existente (ao carón do P.F. Mercuto) e o apoio nº 6-6,5 da citada LMT.

– LMTS (nº 2) a 20 kV, de 224 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no PA/S proxectado no apoio nº 6-6,5 existente da LMT LP Mercuto-Ponte Vilariño.

– LMTS (nº 3) a 20 kV, de 205 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no PA/S proxectado no apoio nº 6-1 existente da LMT Der Molduras Muíño (P). Desmantelamento do tramo da LMT Der Molduras Muíño (P) comprendido entre o apoio nº 5-6 existente da LP Mercuto-Ponte Vilariño (expediente 52089) e o apoio nº 6-1 da citada LMT Der Molduras Muíño (P).

– LMTS (nº 4) a 20 kV, de 5 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95) mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no CT Mercuto (IN407A 95/62-1) existente.

– CS Mercuto, en configuración 4L (3 motorizadas), que se vai instalar nun novo andar a facer no local de obra civil do CT Mercuto (IN407A 95/62-1) existente.

Cuarta

No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar perante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e ás certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 8 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio, DOG nº 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria