DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO da convocatoria e do proceso de selección, por concurso-oposición, das prazas de auxiliar de policía local e monitores de tempo libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 204, do 22 de outubro de 2024, publicouse a convocatoria e o proceso de selección por concurso-oposición (execución dos procesos de estabilización de emprego temporal artigo 2.1 da Lei 20/2021), que a seguir se relaciona:

Persoal laboral:

Denominación

Natureza

Número

Grupo/subgrupo

Xornada

Código RPT

Quenda/provisión

Auxiliares de policía local

Laboral fixo-descontinuo

4

C2

Completa

8107.01 a 8107.04

Libre/concurso-oposición

(Artigo 2.1 da Lei 20/2021)

Monitores de tempo libre

Laboral fixo-descontinuo

20

IV

Parcial

6108.01 a 6108.20

Libre/concurso-oposición

(Artigo 2.1 da Lei 20/2021)

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias faranse públicos na forma previstas nas propias bases.

Porto do Son, 22 de outubro de 2024

José Luis Oujo Pouso
Alcalde