DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para o establecemento de condicións estéticas de fachada nos chalés acaroados na zona Z.1 do SUNP-29 (Brandía).

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión celebrada o 26 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o establecemento de condicións estéticas de fachada nos chalés acaroados na zona Z.1 do SUNP-29 (Brandía), segundo o documento reformado presentado o 24.06.2024 por Emilio Rosa Solana, asinado polos arquitectos José Lorenzo Crespo Rama e Diego Campos Juanatey.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

A alcaldesa
(P.D. DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica