DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 58050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO de información pública sobre o estudo de viabilidade das obras de contrución da residencia de maiores.

En cumprimento do artigo 247.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes durante o cal o expediente estará dispoñible para a súa consulta polos seguintes medios: anuncio no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica deste concello: aperoxa.sedelectronica.es. As persoas interesadas poderán comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións consideren conveniente.

A Peroxa, 22 de outubro de 2024

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde