O 26 de setembro de 2024 o Pleno do Concello de Oroso adoptou este acordo:
«Primeiro. Suspender por prazo máximo dun ano ao abeiro do previsto no artigo 47.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolicion do polígono 2 da área de repartición AR-sector-número 1.
Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior difusión da provincia».
Oroso, 1 de outubro de 2024
Alexánder Doval Expósito
Alcalde
