O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2024, aprobou definitivamente o Plan parcial do SUND-30, formulado por iniciativa particular pola comisión urbanística A Ferrala e asinado polo arquitecto José Ramón Rodríguez Varela.
O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e as ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.
Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o plan parcial no Rexistro de Ordenación de Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.
Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
O contido íntegro do plan parcial estará á disposición do público na web do concello no seguinte enlace: Urbanismo-Ordenacións urbanísticas aprobadas-En desenvolvemento plan xeral vixente-Plan Parciais.
Oleiros, 7 de outubro de 2024
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
