DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2024 polo que se somete a información pública a relación de bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación para a execución do proxecto da obra de estabilización de noiro no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).

A entidade pública Portos de Galicia aprobou o proxecto básico da obra de estabilización de noiro no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).

Polo exposto, e para os efectos do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, faise pública no anexo I deste anuncio a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación e que se describen no anexo número 10 do proxecto, para que nun prazo de quince (15) días hábiles calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou de forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación como máis convenientes para o fin que se persegue.

Este anuncio será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nun dos diarios de maior circulación da provincia respectiva e no taboleiro de anuncios do Concello de Fene.

O prazo para presentar alegacións será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na páxina web de Portos de Galicia https://portosdegalicia.gal/es na epígrafe de «comunicacións e avisos», «procesos de información pública».

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO I

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

DNI

Superficie total (m2)

Superficie afectada (m2)

1

5326854NJ6152N0000KF

53268

54

Crego Culebras, César

***7848**

2.298,00

765,00

2

53268A1NJ6152N0001HG

53268

A1

Aradas Carril, María Dolores

Freijomil Aradas, Laura

Freijomil Aradas, Adrián

***1999**

***1522**

***1522**

500,00

128,50

3

5326895NJ6152N0001RG

53268

95

Rodríguez Meizoso, Adelaida

-

147,00

147,00

4

5326874NJ6152N0001UG

53268

74

Lemos Montanet, María del Carmen

***1321**

395,00

37,00

5

5326894NJ6152N0001KG

53268

94

Crego Culebras, César

***7848**

285,00

285,00