DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios/as de carreira de tres técnicos/as medios/as pola quenda de promoción interna, dunha administrativa pola quenda libre e dun administrativo pola quenda de promoción interna.

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante resolucións do 11 de setembro de 2024 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– María Sofia Puente Iglesias, con DNI ***1027**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– Guillermo José García Bujalance, con DNI ***1442**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– Ana Estévez Dopazo, con DNI ***3765**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– Lorena Vergara Fernández, con DNI ***7967**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da OEP do ano 2023.

– Marcos Freire Romero, con DNI ***3153**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 2 de outubro de 2024

(Competencia delegada polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 12-9-2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados