DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Foral de Paradela, a favor dos veciños/as de Paradela, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 9 de setembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Foral de Paradela.

Superficie: 11,58 ha.

Pertenza: veciños/as de Paradela.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

– Predio1 (Os Outeiros, A Fírvida e Ceidón):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32020A01509001 e 32020A01709003.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

Norte

32020A01700035

32020A01709007

32020A01503129 (resto)

32020A01509001 (resto)

32020A01500689 (resto)

32020A01500689 (parte)

32020A01503125

32020A01503126 (parte)

32020A01503127 (parte)

32020A01503128 (parte)

32020A01503129 (parte)

32020A01509001 (parte)

32020A01702448

32020A01702518

32020A01702520

Leste

32020A01500689 (resto)

32020A01509001 (resto)

32020A01503126 (resto)

32020A01503127 (resto)

32020A01702449

32020A01709003

32020A01702519

Sur

32020A01700325

32020A01700326

Oeste

32020A01702450

32020A01709003

32020A01702446

32020A01702447

32020A01503128 (resto)

– Predio 2 (O Chopiño):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A50100463

Norte

32020A50100464

Leste

32020A50100461

32020A50100462

Sur

32020A50109011

Oeste

32020A50100461

32020A50100465

– Predio 3 (A Fonte):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A50100468

Norte

32020A50100469

Leste

32020A50100469

Sur

32020A50100469

Oeste

32020A50109011

– Predio 4 (Forno):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A50105388

Norte

32020A50100513

32020A50100514

Leste

32020A50109011

Sur

32020A50100513

Oeste

32020A50100513

– Predio 5 (Os Puzos):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A50100556

Norte

32020A50100557

Leste

32020A50100558

Sur

32020A50100558

Oeste

32020A50109011

– Predio 6 (Lavadoiro):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A50100517 (parte)

Norte

32020A50100517 (resto)

32020A50100518

Leste

32020A50100518

32020A50109011

Sur

32020A50109011

Oeste

32020A50100517 (resto)

Practicamente a totalidade da superficie proposta (96,8 %) corresponde co predio 1, en que a maior parte dos terreos está a monte raso, con presenza dominante de afloramentos rochosos; pola súa parte, o escaso voo arborizado consiste en 0,5 ha de piñeiral situado no extremo SO do perímetro, e máis en 1,2 ha de masa mixta de piñeiro e de eucalipto localizada no extremo N, en ambos os casos procedentes de rexeneración natural e en estado de bastío-fuste baixo. Cómpre salientar tamén a presenza de dous rodais repoboados: 0,1 ha de fuste de piñeiro insigne situado no extremo NE, e 0,5 ha de bastío de castiñeiros plantados no extremo SE da parcela 32020A01702448.

Por súa parte, nos predios 2 ao 6 existen os seguintes usos:

– No predio 2 (O Chopiño) existe un manancial de auga.

– No predio 3 (A Fonte) localízase un tanque de auga que, segundo a memoria achegada polos solicitantes, era usado antigamente como lavadoiro e fonte.

– No predio 4 (Forno) localízase unha edificación de 54 m2 que, segundo a memoria achegada polos solicitantes, é aproveitada como forno comunitario.

– No predio 5 (Os Puzos) localízanse varios tanques de auga, un deles de grandes dimensións e previsiblemente disposto para os servizos de extinción de incendios.

– No predio 6 (Lavadoiro) sitúase un lavadoiro comunitario.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 15 de outubro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense