DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, convocado pola Resolución de 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 9 de outubro de 2024 (DOG núm. 196, do 10 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e as demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº orde elección

DNI

Apelidos e nome

Posto
elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv.

1

***5504**

Rodríguez González, Mª Aránzazu

2

FCA200000215770003

Xefatura de equipo

FA

Área de Xestión Tributaria

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

A1-A2

25

2

***7213**

Saldaña Villa, Pablo Indalecio

6

FCC030001815770007

Xefatura de sección

FA

Intervención Delegada da Consellería de Sanidade e Sergas

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1-A2

25

3

***7466**

Álvarez Pérez, Moisés

4

FCC030002015770020

Xefatura de sección

FA

Intervención Delegada da Consellería do Medio Rural

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1-A2

25

4

***4713**

Cabado Rodríguez, Ángela

3

FCA200000415770035

Xefatura de equipo

FA

Área de Recadación

Axencia Tributaria de Galicia

Santiago de Compostela

A1-A2

25

5

***4524**

Vázquez Gende, Pablo

8

FCC040000015770003

Técnico/a financeiro/a

FA

Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Santiago de Compostela

A1-A2

25

6

***9004**

Conde Delgado, Leticia

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

7

***9112**

Loureiro Lorenzo, Mª del Carmen

1

FCA291000032001092

Xefatura de equipo

FA

Delegación Ourense

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Ourense

A1-A2

25

8

***8517**

Fernández Cofan, Ángela

5

FCC030000315770008

Técnico/a de auditoría

FA

Oficina Galega de Auditoría e Control - División de Auditoría Pública e Control Financeiro

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1-A2

25

9

***5528**

Fraga Martínez, María del Rosario

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

10

***6353**

Coello Paz, Emma

7

FCC040000415770008

Analista de custos de persoal II

FA

S. X. de Custos de Persoal

Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Santiago de Compostela

A1-A2

25