DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58146

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña

Tribunal titular:

Presidencia:

– Eva Fachado Rubio, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

Secretaría:

– Mónica Blas Freire, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Jorge Fernández Guerra, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Rocío Pérez Reija, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Xenxo Pereiro López, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Marina Gabriela Cousillas Anido, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Secretaría:

– Sonia López García, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Avelina Amado Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Miguel García Silvarredonda, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Óscar Fernández Rodríguez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.