DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Muíño da Madanela e a súa liña de evacuación, nos concellos de Barreiros e Ribadeo (Lugo) (clave do expediente 2024/0163).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 16 de outubro de 2024, do proxecto do parque eólico Muíño da Madanela e a súa liña de evacuación, nos concellos de Barreiros e Ribadeo (Lugo), promovido por Tasga Eólica, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade