DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/296-4).

Expediente: IN407A 2022/296-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT regulamentación VAR805 dos apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25.

Concello: Vilanova de Arousa.

Feitos:

1. O 20 de xullo de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT regulamentación VAR805 dos apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado 482 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e no que figura un orzamento total de 14.042,77 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade regulamentar un tramo da LMTA VAR805, mediante as seguintes actuacións en Punta Borreiro, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra):

Substitución do apoio 9S2SJ3KW//24 por un de tipo PAS (paso aéreo subterráneo).

Retensado de 230 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) con orixe no apoio 9S74GES6//23 da LMTA VAR805 e final no apoio proxectado.

Soterramento de 50 metros do tramo aéreo da LMTA VAR805 desde o apoio proxectado ata o centro de seccionamento Ostrícola (36C267).

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilanova de Arousa e a Demarcación de Costas del Estado que non emitiron os condicionado técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 5 de setembro de 2022, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución do 5 de setembro de 2022, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 27 de setembro de 2022.

Xornal Faro de Vigo: 24 de setembro de 2022.

Taboleiro de anuncios do Concello de Vilanova de Arousa, desde o 27 de setembro de 2022 ata o 11 de noviembre de 2022, segundo o certificado emitido polo propio concello.

Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

5. O 28 de setembro de 2022, María Rosa Rodríguez Lago alegou un erro nos datos persoais que figuran na relación de bens e dereitos afectados. Tamén alegou a existencia doutras posibles solucións ás obras proxectadas que non causarían prexuízos a terceiros. E por último destaca que non existe necesidade proporcional, nin xustificada para proceder á expropiación do terreo.

6. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora. Na súa resposta UFD destaca que o obxectivo da obras propostas é a substitución dun apoio actualmente existente na parcela 36061A029000360000LD, buscando manter o trazado da liña para non afectar a terceiros e tendo en conta que a parcela xa se encontra afectada pola servidume de voo e do apoio existente.

Con relación aos erros nos datos persoais, UFD presenta unha relación de bens e dereitos actualizada na que José Rodríguez Barros consta como titular da parcela 36061A029000360000LD e na súa representación figura María Rosa Rodríguez Lago.

7. O 27.10.2022, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia (COEIG) presentou unha alegación solicitando que se inadmita ou, de ser o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública. En síntese, alega que o proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial sen especificar a súa especialidade, o que impide apreciar a competencia do enxeñeiro, xa que nas atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.

8. Déuselle traslado desta alegación á empresa promotora. Esta destaca que os enxeñeiros técnicos industriais teñen atribucións plenas e ilimitadas dentro da súa especialidade, e parcialmente limitadas nas demais especialidades industriais. Estas limitacións noutras especialidades industriais son: industriais ou instalacións mecánicas, químicas ou eléctricas cuxa potencia non exceda o 250 CV, a tensión de 15.000 V e o seu persoal de cen persoas. O límite de tensión será o 66.000 V cando as instalacións se refiran ás liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica. No presente proxecto non é necesario que o enxeñeiro técnico industrial especifique a súa especialidade, pois as instalacións eléctricas proxectadas (liñas de distribución e a súa tensión) non superan os 66.000 V.

9. Os servizos técnicos deste departamento territorial, á vista da documentación contida no expediente analizaron todas as alegacións presentadas, emitindo o correspondente informe, concluíndo que non se presentan obxeccións para que se poida continuar co trámite da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento de acordo con Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Respecto dos datos incorrectos sobre a titularidade da parcela, tense en conta a actualización da relación de bens e dereitos presentados pola empresa promotora.

Respecto da existencia doutras solucións, non se xustifica por parte do alegante o cumprimento conxunto dos puntos do artigo 161 «Limitacións á constitución de servidume de paso» do Real decreto 1955/2000.

Con relación ao recoñecemento en concreto de utilidade pública destas instalacións e de acordo coa normativa, será necesario que a empresa interesada o solicite, incluíndo unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que o solicitante considere de necesaria expropiación. No caso que nos ocupa a empresa distribuidora solicita a declaración de utilidade pública e entrega a relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Retensado da liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 de 230 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9S74GES6//23 da LMTA VAR805 e final no apoio proxectado 9S2J3KW//24, paso aéreo subterráneo (PAS).

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ de 50 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 9S2S2J3KW//24 PAS, e final na cela do centro de seccionamento Ostrícola 36C267.

As instalacións están situadas en Punta Borreiro, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

4. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas, as respostas do promotor e o informe dos servizos técnicos deste departamento territorial, exponse:

Con relación aos erros na relación de bens e dereitos afectados, cabe sinalar que, unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, as persoas interesadas serán informadas do trámite de levantamento de acta previa á ocupación. Nese momento, de forma concreta, débese describir e delimitar o obxecto de expropiación e manifestar os posibles erros.

Sobre a proposta de trazados alternativos, cabe destacar que para que un trazado alternativo prospere se teñen que dar todas as condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro. O trazado proposto non cumpre co conxunto dos puntos do mencionado artigo. En todo caso considerarase non admisible a variante cando o custo desta sexa superior nun 10 % ao orzamento da parte da liña afectada pola variante.

Respecto da declaración de utilidade pública, no sistema regulador do sector eléctrico a declaración de utilidade pública require basicamente dous requisitos: a xustificación da necesidade da instalación de que se trate, o que leva implícita a súa utilidade pública; e a determinación dos bens e dereitos cuxa expropiación afecta. A propia distribuidora acompaña unha relación de bens e dereitos afectados e pon de manifesto que na zona hai que mellorar a calidade de subministración. A calidade do servizo é unha obrigación das empresas distribuidoras.

Con respecto ás alegacións presentadas polo COEIG, considérase que se xustifica a competencia profesional ao non se superar a limitación cuantitativa de 66 kV de tensión, referida a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica, establecida no Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño, sobre atribucións dos peritos industriais. Esta determinación foi ratificada pola Sentenza do 9 de xullo de 2002, do Tribunal Supremo, ditada no ámbito do recurso de Casación número 7785/1994, que se sustenta na idea de que «na asignación de atribucións dos antigos peritos que a favor dos enxeñeiros técnicos fai o artigo 2.4 da Lei 12/1986, non hai ningunha limitación por razón de especialidade, e que isto fai que esas atribucións haxan de considerarse xenéricas», polo que os enxeñeiros técnicos «son organizados segundo especialidades e, dentro de cada unha destas, lles é recoñecida a plenitude de atribucións e facultades profesionais» pero «subsisten as antigas facultades xenéricas con límites cuantitativos», que o Real decreto lei de 1977 atribúe aos antigos peritos.

Por último, este proxecto ten entre os seus obxectivos o cambio dun apoio por mal estado e medidas antirregulamentarias. Recórdase que é obriga da empresa distribuidora o mantemento e a seguridade das instalacións eléctricas.

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT regulamentación VAR805 dos apoios 9S2SJ3KW//24 e 9S1P4WXX//25, expediente IN407A 2022/296-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado dirección final de obra no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 8 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados - Concello de Vilanova de Arousa

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub

m2 sub

1

Os Agros

Labor

36061A029000360000LD

José Rodríguez Barros, en representación María Rosa Rodríguez Lago

1

4