DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2023/24-2).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 25 de xaneiro de 2023, a citada empresa solicitou a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Peche de anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768), no concello da Fonsagrada.

Coa solicitude achegouse o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea o 28.12.2022, a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntouse a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo deste departamento territorial do 3 de maio de 2023. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 15 de maio de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 16 de maio de 2023, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública presentaron alegacións os seguintes interesados:

– José Landeira Uría alega que o cultivo real da parcela da súa propiedade, número 29, é o de plantación de frondosas e non o de monte alto. Begasa responde que a clasificación de monte alto engloba todo tipo de arboredo e que será no levantamento de actas previas á ocupación onde se determinen de maneira exacta as características e o aproveitamento da parcela.

– Aquilino Fernández Álvarez, propietario do predio número 57, alega erro na referencia catastral, sendo a correcta 27018A30100365, polígono 301 e parcela 365. Begasa, despois de realizar as comprobacións oportunas, modificou a relación de bens e dereitos afectados no sentido alegado.

– Montserrat Yáñez Pasarín acredita cambio de titularidade dos predios 41, 59 e 65 mediante acordos de alteración da titularidade catastral. Begasa admite esa alteración e actualiza a relación de bens e dereitos afectados.

– José López Díaz, propietario dos predios números 1, 9 e 13, alega que no predio número 1 existe un pozo de auga e que se proxecta situar un apoio a menos de 1 metro del, o que podería afectar a captación de auga. En resposta á súa alegación, Begasa di que o bordo do pozo se sitúa a 3,84 metros do centro do apoio que se vai instalar e que a súa instalación non altera a captación da auga nin a súa calidade. Desde este departamento territorial, o 1.3.2023 remitiuse separata do proxecto á Confederación Hidrográfica do Cantábrico para que, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, emitise condicionado técnico nun prazo de 30 días. Transcorrido o dito prazo, non emitiu condicionado, polo que se entende a conformidade do dito órgano coas especificacións técnicas propostas no proxecto de execución.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan de que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os cales a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, e nos regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta dirección territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada Peche anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768), no concello da Fonsagrada, coas seguintes características técnicas principais:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 108 m en condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 K Al + H16, con orixe na conversión aero-subterránea do apoio proxectado núm. 0 da LMT Fons_Sur e final na conversión aero- subterránea do apoio núm. 1 proxectado, con entrada e saída no centro de transformación proxectado Estoupelo.

• Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1889 m en condutor 94- AL1/22-ST1A (LA 110), con orixe no apoio núm. 1 proxectado e final no apoio núm. 14 proxectado en substitución do apoio AV48484 existente da LAMT Fons_Sur.

• Centro de transformación (CT) prefabricado Estoupelo, cunha potencia instalada de 50 kV, relación de transformación 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

• Desmontaxe do CT intemperie Estoupelo existente e do tramo da LMT Fons_Sur comprendido entre este e o apoio núm. 0 proxectado.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificarán individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas poderán formularse as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi publicada nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 23 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de peche anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768)

Concello: A Fonsagrada (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/24-2.

Datos catastrais

Apoio nº

LATA

LATS

CT

Accesos

Predio nº

Políg.

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Sup. ocup. permanente m²

Sup. voo m²

Sup. total afectada por voo m²

Sup. ocup. permanente m²

Sup. ocup. permanente m²

Sup. ocup. temporal m²

1

297

43

27018A29700043

Trigueira

José López Díaz

Monte alto

0 e 1

22

3

3

16

67

148

4

297

44

27018A29700044

O Granxo

Herdeiros de José Ibias Riberas,

Representante Alfonso Ibias Otero

Monte alto

566

566

9

297

52

27018A29700052

Monte da Serra

José López Díaz e
Amador López Fernández

Monte alto

155

155

10

297

53

27018A29700053

Monte da Serra

Herdeiros de José Ibias Riberas,

Representante Alfonso Ibias Otero
Antonio López Rodil

Monte alto

805

805

11

297

54

27018A29700054

Monte da Serra

José Otero Díaz

Monte alto

109

109

12

297

14

27018A29700014

Labradois

María Celina Díaz Valledor

Monte alto

3

3

70

70

19

13

297

27

27018A29700027

Tremba

José López Díaz

Prado

633

633

13

14

300

294

27018A30000294

Labradois

José Fernández Balonga

Monte alto
Monte baixo

252
720

972

15

300

295

27018A30000295

Labradois

Manuel López Fernández

Monte alto

4

3

1.073

1.073

119

16

300

379

27018A30000379

Mideiros

José Otero Díaz

Monte baixo

382

382

158

17

300

125

27018A30000125

Fonte do Basin

Concepción Díaz Álvarez

Monte baixo

79

79

69

18

300

124

27018A30000124

Fonte do Basin

Raúl Llano Gómez

Monte baixo

105

105

105

19

300

123

27018A30000123

Fonte do Basin

Amparo Mosteirín Linares

Monte baixo

86

86

50

20

300

122

27018A30000122

Fonte do Basin

Manuel López Fernández

Monte baixo

52

52

34

21

300

121

27018A30000121

Fonte do Basin

José Fernández Balonga

Monte baixo

65

65

28

22

300

120

27018A30000120

Fonte do Basin

José Palmeiro Villar

Monte baixo

76

76

31

23

300

119

27018A30000119

Fonte do Basin

Sara Fernández Rodríguez

Monte baixo

47

47

23

24

300

118

27018A30000118

Fonte do Basin

Francisco Rodríguez Fernández

Monte baixo

34

34

24

25

300

117

27018A30000117

Fonte do Basin

Raúl Llano Gómez

Monte baixo

1

1

29

301

245

27018A30100245

Camiño de Costosa a Rodellán

José Landeira Uría

Monte alto

201

201

31

301

244

27018A30100244

Camiño de Costosa a Rodellán

Otilia Gegunde López

Monte alto

427

427

39

301

222

27018A30100222

Labiada

Otilia Gegunde López

Monte alto

552

552

41

301

220

27018A30100220

Labiada

Montserrat, Soledad, Purificación, Armando e Alfredo Yáñez Pasarín

Monte alto

232

232

43

301

218

27018A30100218

Labiada

Matilde Álvarez García

Monte alto

57

57

44

301

186

27018A30100186

Labiada

Herdeiros de Manuel Gegunde Santamarina

Monte alto

56

56

46

301

188

27018A30100188

Labiada

Inés Landeira Uría

Monte alto

390

390

49

301

191

27018A30100191

Labiada

Manuel López Fernández

Monte alto

731

731

108

50

301

193

27018A30100193

Labiada

Claudina Palmeiro Rico

Monte alto

67

67

55

301

270

27018A30100270

Sobre Travesedo

Matilde Álvarez García

Monte alto

249

249

56

301

172

27018A30100172

Cotarelo

Herdeiros de Enrique Linares Cancio

Monte alto

119

119

57

301

365

27018A30100365

Cotarelo

Aquilino Fernández Álvarez

Monte alto

10

3

2.079

2.079

176

58

301

169

27018A30100169

Cotarelo

Herdeiros de Manuel Cancio Gómez, Representante Jorge Cancio Fernández

Monte alto

7

7

266

59

301

161

27018A30100161

Cotarelo

Montserrat, Soledad, Purificación, Armando e Alfredo Yáñez Pasarín

Monte alto

11

2

705

705

48

60

301

168

27018A30100168

Cotarelo

Matilde Álvarez García

Monte alto

28

28

190

63

301

155

27018A30100155

Cotarelo

Herdeiros de Enrique Linares Cancio

Monte alto

148

148

65

301

153

27018A30100153

Cotarelo

Montserrat, Soledad, Purificación, Armando e Alfredo Yáñez Pasarín

Monte alto

266

266

14

72

301

336

27018A30100336

Fonte Darriba

José Fernández Balonga

Monte baixo

232

73

301

329

27018A30100329

Rodalastras

Fermín Rodríguez Fernández

Monte baixo

463