O Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo fai pública a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos da sección C) ampliación As Revas número 5873.1, presentada por Canteras Isidro Otero, S.L., e cuxa extensión vén delimitada polas seguintes coordenadas:
|
Coordenadas xeográficas (datum ETRS89) |
||
|
Vértice |
Lonxitude (W) |
Latitude (N) |
|
1 |
07°19’40” |
43°24’40” |
|
2 |
07°19’20” |
43°24’40” |
|
3 |
07°19’20” |
43°24’35.99” |
|
4 |
07°19’25.38” |
43°24’35.99” |
|
5 |
07°19’25.38” |
43°24’15.99” |
|
6 |
07°17’45.38” |
43°24’15.99” |
|
7 |
07°17’45.38” |
43°24’35.99” |
|
8 |
07°18’40” |
43°24’35.99” |
|
9 |
07°18’40” |
43°24’40” |
|
10 |
07°17’40” |
43°24’40” |
|
11 |
07°17’40” |
43°24’00” |
|
12 |
07°19’40” |
43°24’00” |
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 57.1 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, e do artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.
De acordo co establecido no artigo anterior, ábrese un período de información pública dunha duración de trinta días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 3 de outubro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigos 40.3 e 41.1 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
