DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2024 Páx. 58316

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Asociación Oficina Central de Servizo Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anuncio a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés da Asociación Oficina Central de Servizo Área 1 (Alcohólicos Anónimos).

Pontevedra, 22 de outubro de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés