DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2024 Páx. 58317

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 30 de outubro de 2024 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2025.

BDNS (Identif.): 792315.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/792315).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo ou que estea en condicións de matricularse no momento da formalización do contrato, que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador, cuxa data de finalización dos estudos que deron lugar á obtención do/dos título/s que habilitan para o acceso ao programa de doutoramento, ou da superación de 60 créditos de posgrao, se é o caso, sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2022, coas excepcións previstas na base 5.c) da convocatoria.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral de tres anos de duración, en calquera área de coñecemento científico, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, modificado pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de outubro de 2024 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2025.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oitocentos mil euros (800.000 €), segundo a distribución por anualidades para 2025, 2026, 2027 e 2028 establecida na convocatoria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 31 de outubro ata o 30 de novembro de 2024.

Vigo, 30 de outubro de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación