DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2024 Páx. 58257

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 23 de outubro de 2024 pola que se dispón o nomeamento dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

O nomeamento de Gonzalo Villar Rodríguez como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar