De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º, da Coruña.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.
No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».
A Coruña, 17 de outubro de 2024
Indalecio Cabana Leira
Director territorial da Coruña
ANEXO
NIF: ***6085**.
Importe: 760,00 euros.
Curso: 2022-2023.
Causa: 1.10.
NIF: ***2698**.
Importe: 2.868,56 euros.
Curso: 2022-2023.
Causa: 1.10.
NIF: ***9229**.
Importe: 760,00 euros.
Curso: 2022-2023.
Causa: 1.10.
