Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 14 de outubro de 2024
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO I
|
Procedemento BS650A |
||
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00444-I/20 |
44655511E |
Modificación 17.7.2024 |
|
36/00021-I/24 |
36122182S |
Denegación 4.9.2024 |
ANEXO II
|
Procedemento BS650G |
||
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00600-X/19 |
71610867E |
Suspensión 13.9.2024 |
|
36/00800-X/21 |
76802115D |
Modificación 17.7.2024 |
ANEXO III
|
Procedemento BS650F |
||
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00038-I/22 |
34892355K |
Denegación 4.9.2024 |
