De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 25 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
|
1C/24 |
María Isabel |
Quiroga Berdeal |
***1134** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Medicina e Cirurxía Animal |
Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias |
Lugo |
A00778 |
|
2C/24 |
José Manuel |
Cameselle Teijeiro |
***2226** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Anatomía Patolóxica |
Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría |
Santiago de Compostela |
A00779 |
|
6C/24 |
María Luisa |
Chas Amil |
***7689** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Economía Aplicada |
Economía Cuantitativa |
Santiago de Compostela |
A00783 |
|
18C/24 |
Rosana |
Rodríguez López |
***1768** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Análise Matemática |
Estatística, Análise Matemática e Optimización |
Santiago de Compostela |
A00795 |
|
20C/24 |
Francisco José |
Fraga López |
***5289** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Física Aplicada |
Física Aplicada |
Lugo |
A00797 |
|
21C/24 |
Josefa |
Salgado Carballo |
***1519** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Física Aplicada |
Física Aplicada |
Santiago de Compostela |
A00798 |
|
28C/24 |
Pablo |
Gamallo Otero |
***9955** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Lingüística Xeral |
Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral |
Santiago de Compostela |
A00805 |
|
43C/24 |
Manuel |
Amorín López |
***1432** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Química Orgánica |
Química Orgánica |
Santiago de Compostela |
A00820 |
