DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2024 Páx. 58331

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2024 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 26 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

4T/24

Ana

De Castro Ríos

***6572**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Toxicoloxía

Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría

Santiago de Compostela

C02012

7T/24

Paulo Carlos

López López

***0518**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Ciencia Política e da Administración

Ciencia Política e Socioloxía

Santiago de Compostela

C02015

11T/24

José Eugenio

Rodríguez Fernández

***7844**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Didáctica da Expresión Corporal

Didácticas Aplicadas

Santiago de Compostela

C02019

32T/24

Diana

Pelaz Flores

***8117**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Historia Medieval

Historia

Santiago de Compostela

C02040

40T/24

César

Pérez Cruzado

***4352**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Proxectos de Enxeñaría

Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría

Lugo

C02048