DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2024 Páx. 58384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da provisión dunha praza de auxiliar de turismo como persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal para o ano 2022.

O día 3 de outubro de 2024, esta alcaldía ditou resolución en que se acorda a contratación laboral fixa de María de la Merced Pedrosa Loureiro, con NIF ***9964**, tendo en conta a proposta do tribunal, para o posto de traballo de auxiliar de turismo previsto no cadro de persoal do Concello de Nigrán e incluído na oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do ano 2022 mediante o sistema de concurso de méritos.

O que se fai público de conformidade coas previsións da cláusula 11 das bases que rexen este proceso selectivo, publicadas no BOP de 30 de decembro de 2022.

Nigrán, 11 de outubro de 2024

Juan Antonio González Pérez
Alcalde