No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 291, do 22 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais, e no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 234, do 9 de outubro de 2024, as bases específicas para prover, mediante concurso, a seguinte praza de persoal laboral fixo a estabilizar:
– Xardineiro/-peón/peoa de medio ambiente.
O prazo de presentación de instancias é de vinte días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da sede eléctronica do Concello de Quiroga.
Quiroga, 9 de outubro de 2024
José Luis Rivera Castro
Alcalde
