Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, a relacionada no anexo este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Renovación de instalacións por fin de vida útil do apoio núm. ARDUJOQ4 14 LAMT POR703 Melide, 3, no concello de Arzúa (expediente IN407A 2023/224-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa titular do ben ou dereitos afectados por si mesmas ou representada por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 21 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/224-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: renovación de instalacións por fin de vida útil do apoio núm. ARDUJOQ4 14 LAMT POR703 Melide, 3.
Concello: Arzúa.
|
Nº predio |
Concello |
Lugar |
Datos catastrais |
Titular |
Data |
Hora |
|
1 |
Arzúa |
Coto da Seso |
15006A104006840000ME |
Descoñecido/a |
13.12.2024 |
11.00 |
