Pablo Lage Portela, con NIF ***0532**, veciño de Fornelos de Montes, domiciliado en Vilán, convoca os veciños de Vilán, da parroquia de Fornelos de Montes, á Xunta Xeral que vai ter lugar o vindeiro día 16 de novembro de 2024, ás 11.00 e 11.30 horas en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa do Pobo de Vilán, parroquia de Fornelos de Montes, coa seguinte orde do día:
1º. Constituír a Comunidade de Regadores de Vilán.
2º. Facer a relación nominal de usuarios e a elección da Xunta de Goberno.
3º. Sentar as bases para a confección dos estatutos.
4º. Solicitarlle ao organismo de bacía a concesión das augas.
5º. Rogos e preguntas.
Fornelos de Montes, 28 de outubro de 2024
Pablo Lage Portela
Presidente da Comunidade de Regadores de Vilán
