DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58717

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Laxe Tenorio-Xanique Val do Fento

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Luis Piñón Solla, con DNI ***0686**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Laxe Tenorio-Xanique Val do Fento, pola presente convoco o vindeiro día 30 de novembro de 2024, no centro socio-cultural de Tenorio (Cerdedo-Cotobade), ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda, a asemblea xeral extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Solicitude dunha subvención nominativa ao concello.

2. Renovación da Xunta Directiva.

3. Rogos e preguntas.

Tenorio, Cerdedo-Cotobade, 10 de outubro de 2024

Luis Piñón Solla
Presidente da Comunidade de Usuarios
de Laxe Tenorio-Xanique Val do Fento