DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58716

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO do 29 de outubro de 2024 polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2024/25.

De conformidade co acordo adoptado polo Padroado desta fundación na súa reunión do día 25 de setembro de 2024, publícase a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2024/25, con suxeición ás bases cuxo texto se pode consultar na páxina web https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroaes

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecidos na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.

O anterior faise público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa