Mediante Decreto da Presidencia, do 21 de xullo de 2023, aprobouse a oferta ordinaria de emprego público do ano 2023.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 236, do 11 de decembro de 2023, publicáronse integramente as bases xerais.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 208, do 24 de outubro de 2024, publicáronse as bases específicas que deben rexer a convocatoria:
– Unha praza de peón ambiental, a xornada completa, do cadro de persoal laboral fixo-descontinuo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso da oferta de emprego público de 2023.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Cambados, 25 de outubro de 2024
David J. Castro Mougán
Presidente da Mancomunidade do Salnés
