DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis que supón a extinción da DH.A36.02548 (expediente DH.A36.103106).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Soutelo e Gundiñáns.

Expediente: DH.A36.103106.

Volume total anual: 15.242,40 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,34 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: tres (3) mananciais.

M1 e M2 na parcela 791, polígono 71.

M3 na parcela 88, polígono 71.

Todas do catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Monte Xiabre.

Parroquia: Saiar.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga procedente de M1 e M2 reúnese coa de M3 para conducila á caseta de depósitos na parcela 2152, polígono 519 que contén 58 depósitos individuais dos cales parten conducións a cada unha das vivendas que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de outubro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Sur