DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Coristanco (expediente DH.A15.102657).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Coristanco.

Expediente: DH.A15.102657.

Volume total anual: 693.792 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 30 l/s.

Orixe: río Vao ou rego de Pego de Rabuñenta (río da Rabuxenta) (dúas tomas).

Captación do Carrizal (existente): x=518.678; y=4.779.274; (ETRS89, fuso 29).

Lugar (parroquia): O Carrizal (Coristanco-Ferreira).

Captación Chousa do Muíño (proxectada): x=518.563; y=4.778.353 ; (ETRS89, fuso 29).

Lugar e parroquia: Casa da Chousa (Ferreira).

Concello: Coristanco.

Destino: abastecemento municipal (incluído uso gandeiro e industrial conectado á rede municipal).

Descrición do aproveitamento:

O Concello de Coristanco solicita unha concesión do río Vao (Rego de Rabuxenta), mediante dúas captacións, a do Carrizal existente e unha proxectada da Chousa do Muíño a través de dous pozos filtrantes na ribeira. As augas captadas trátanse na estación de tratamento de auga potable (ETAP) e de aí bombéanse ao depósito con destino ao abastecemento municipal (poboación, gandeiro e industrial conectado á rede).

A documentación técnica pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña; para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de outubro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Norte